Evento: Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade

  • A Xunta impulsa a figura do arquitecto Domingo de Andrade cunha mostra itinerante que arranca na Alameda de Santiago
  • Exposición Domingo de Andrade
Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade
luns, 27 xullo, 2020 a sábado, 15 agosto, 2020
Parque da Alameda de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade

Está composta por por 24 paneis divididos en oito prismas

“Xenio, gloria e oficio” é a mostra coa que a Xunta de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, pon en valor a figura do arquitecto Domingo de Andrade. Trátase dunha exposición itinerante que divulgará o legado do mestre barrco na capital galega así como en Tui, Ourense e Lugo.

 

A importancia da mestría e oficio deste xenio da arquitectura barroca propiciou que a Real Academia Galega decidira dedicar o Día das Artes Galegas deste ano á difusión da súa figura e traxectoria artística.

 

Domingo de Andrade, nado na localidade de Cee, é un dos primeiros grandes arquitectos naturais de Galicia en pleno Barroco, mestre dos máis importantes artistas do século XVIII e figura destacada da arquitectura española nos dous campos onde exerceu o seu oficio, a retablista e a construción. Entre a súa traxectoria destaca a labor que realizou como aparellador maior da Catedral de Santiago ou mestre de obras nesta mesma basílica. A tripla escaleira de caracol do Museo do Pobo Galego ou a Torre do Reloxo da Catedral –a Berenguela– son xa iconas do barroco que recoñecen a meirande parte dos composteláns, galegos ou visitantes.

 

A súa obra esténdese moito máis alá de Santiago xa que transformou espazos emblemáticos tamén en Lugo, Ourense e A Coruña ou en espazos fundamentais para o Camiño de Santiago como Oseira ou Sobrado dos Monxes.  

 

A exposición está comisariada polos membros da Real Academia Galega de Belas Artes, José Ramón Soraluce e Ramón Yzquierdo, está composta por 24 paneis, divididos en oito prismas, nos que se mostra a través de imaxes fotográficas, planos e textos a longa traxectoria de Domingo de Andrade así como o seu traballo en construcións relixiosas e civís como templos, vivendas, claustros, sacristías ou retablos.

 

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia