Evento: Obradoiro de ciberseguridade: Campamento de verán na casa

Obradoiro de ciberseguridade: Campamento de verán na casa
luns, 13 xullo, 2020 - 11:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Obradoiro de ciberseguridade: Campamento de verán na casa

Obradoiro para nenos.

A través dunha dinámica práctica e divertida, un hacker dos de verdade falaranos de:

• Os perigos das redes sociais. Falarase de Instagram, Twitter e Facebook; de como xeoposicionan as nosas publicacións e permite facer seguimento de todo o que facemos.

• Google sábeo todo de ti. Utilizarase o buscador para “investigar” unha figura públicar e ver realmente todo o que se pode sacar dunha persoa, entendendo o coidado que hai que ter coas páxinas web.

• O gran engano. Explicarase aos rapaces e rapazas o concepto de fake news e como nos cremos todo o que sae na rede.

• Coidado onde entras. Explicarase como visitando unha páxina web maliciosa poden capturar todos os nosos datos.

• Trucos e estafas. Ensinaráselle aos rapaces e rapazas a identificar as principais canles de estafa nas que poden caer (trucos para móbiles, cracks para xogos, susbcripciones, etc.)

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola