Evento: Laboratorios artísticos: En correspondencia
Laboratorios artísticos: En correspondencia
Laboratorios artísticos: En correspondencia
Obradoiro para nenos.
Son en realidade catro laboratorios artísticos nos que a rapazada aproximarase á relación que mantén a arte con outros campos do saber e do coñecemento a partir da colección de arte contemporánea do Museo. Será un espazo para a experimentación persoal e o fomento da capacidade reflexiva e crítica.
A metodoloxía a seguir será teórico – práctica e articularase da seguinte forma: 1. Arte e Soño; 2. Arte e Moda; 3. Arte e Cociña; 4. Arte e Ciencia. Estarán impartidos pola artista Iria Vázquez.
Número de participantes: 12 por quenda.
Nenos/as de 6 a 9 anos
Do 13 ao 17 de xullo (11 a 13 h)
Nenos/as de 10 a 13 anos
Do 20 ao 24 de xullo (11 a 13 h)
Ligazóns



