Evento: Descobre os segredos da maxia

Descobre os segredos da maxia
xoves, 9 xullo, 2020 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Descobre os segredos da maxia

Visita esta especial escola, onde os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos, rescatando ao mago que todos levamos dentro, creando experiencias inesquecibles.

Actividade para nenas e nenos entre 6 e 12 anos, no salón de actos da biblioteca.

Haberá 15 prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de inscrición ata esgotar as prazas.

Inscrición: formulario

En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos reduciuse para garantir as medidas de hixiene e distanciamento fisico.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Circonove
26 de decembro
Casa da Cultura. NONO, con Arturo Cobas
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro