Evento: Profe, para qué sirven as mates?

Profe, para qué sirven as mates?
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Profe, para qué sirven as mates?

Conferencia impartida por Sergio Castro, profesor e youtuber.

Afundación continúa desenvolvendo o seu Programa Educación Século XXI, nesta ocasión coa participación do profesor de matemáticas, física e química e youtuber Sergio Castro, quen ofrecerá o relatorio "Profe, para que serven as mates?" na Sede Afundación de Vigo.

Sergio Castro é o creador da canle de Youtube Profesor10demates, a través do cal tenta transmitir a súa paixón polas matemáticas e a física e química, ensinando de modo ameno, divertido e próximo aos máis de 200.000 subscritores tanto españois como latinoamericanos que xa forman parte da súa comunidade internauta. Os titoriais que elabora non só tentan servir de apoio a estudantes de todo o mundo, senón que tamén van dirixidos a docentes como material para introducir o "flipped classroom".

Con esta conferencia Sergio Castro pretende demostrar que aprender matemáticas supón un reto apaixonante e que é posible facelo dunha forma entretida e á vez didáctica. As matemáticas están presentes na vida real e no fondo, todo o mundo ten mente matemática xa que os números manéxanse a diario.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
9 de maio
Escola do Campo de Combarro
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura