Evento: Seguridade dos datos en AWS

Seguridade dos datos en AWS
luns, 15 xuño, 2020 - 10:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Seguridade dos datos en AWS

Organizada polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Nesta xornada trataranse as diferentes opcións dispoñibles en AWS para protexer os datos en repouso. Centrándose nos procesos de encriptación, servizos de xestión de contrasinais, control de acceso aos datos, replicación e arquivado seguro.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

Encriptación en AWS

Key Management Service (KMS)

Cloud-based hardware security module (CloudHSM)

Protección redundante con Simple Storage Service (S3)

Protección en Relational Database Service (RDS)

Protección en DynamoDB

Replicación de datos encriptados

Protección dos datos arquivados

O relator será Óscar Cuéllar, enxeñeiro en electrónica e máster en Sistemas e Redes de Telecomunicacións pola Universidad Politécnica de Madrid; está especializado en deseño e despregamento tanto de infraestruturas cloud como On-Premise.

Óscar é arquitecto e administrador certificado por  AWS, así como experto certificado en solucións de Cisco Systems nas áreas de deseño, R&S, seguridade, redes sen fíos e de provedores de servizo. Durante os seus máis de 15 anos de experiencia, dedicouse a prestar servizos de consultoría e formación especializada nos ecosistemas de AWS e de Cisco Systems.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola