Evento: Métricas en xestión Kanban

Métricas en xestión Kanban
xoves, 11 xuño, 2020 - 16:30
Evento online,
Santiago de Compostela

Métricas en xestión Kanban

Organizada polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta xornada técnica estará dedicada a profundar no funcionamento do Sistema de Xestión Kanban; detallando as métricas máis habitualmente utilizadas e a súa utilidade, xunto con diversos tipos de gráficas, para comprender o estado do noso sistema e atopar posibles áreas de mellora.

O evento completarase con algúns exemplos prácticos da implantación de Kanban en equipos con base ITIL (Incident e Change Management), como aqueles que traballan con marcos áxiles Scrum.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

Definición e análise dunha Cadea de valor (Value Stream)

Os tipos de tempo en Kanban: Lead Time, Cycle Time e Touch Estafe

Monitoraxe dos tipos de tempo. Indicadores

Outras métricas: Throughput, Work item age e Blocked items

Deseño de gráficas baseadas nas métricas

Como ler e utilizar as gráficas

O relator será Javier Morillo Oteo, Agile coach e formador con máis de 30 anos de experiencia no sector TIC. Durante quince anos foi account delivery executive (ADE) de Hewlett Packard Enterprise como responsable do servizo en contas de tamaño medio-grande e xestionando os equipos de Delivery e de Oficina de proxectos.

Actualmente forma parte do equipo de Estratecno, participando en transformacións áxiles/dixitais como coach áxil e formador experto en Scrum, SAFe, Kanban, Lean e ITIL. Conta con experiencia como scrum master en compañías de sectores como banca, seguros e telecomunicacións, acompañando a equipos e organizacións na súa traxectoria cara á utilización de métodos áxiles.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio
Salón da Cooperativa