Evento: Foro #aculturasegue: Os retos do sector das artes escénicas na era post COVID-19

Foro #aculturasegue: Os retos do sector das artes escénicas na era post COVID-19
venres, 22 maio, 2020 - 18:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Foro #aculturasegue: Os retos do sector das artes escénicas na era post COVID-19

Foro #aculturasegue- Webinar

A través dunha serie de encontros online con especialistas de distintos campos das industrias culturais e creativas, os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade abrangue un total de oito sesións en formato videoconferencia, que poderán seguirse de balde previo rexistro. Nelas vanse tratar temas como os desafíos que se abren ante os sectores da música, das artes escénicas ou do libro no contexto actual marcado pola crise sanitaria, pero tamén cuestións como novos formatos e mercados, novas fórmulas de xestión de dispositivos culturais ou o novo perfil de consumidor de eventos culturais.

Na segunda sesión dos Foros #aculturasegue abordaremos os desafíos aos que se enfronta o sector das artes escénicas no contexto actual, marcado pola progresiva reapertura de espazos de lecer, as limitacións que afectan aos espectáculos en directo, ou o auxe de novos formatos. Para tratar estas cuestións, contaremos coa participación do director artístico da compañía La Fura dels Baus, Carlus Padrissa, e da directora de escena e directora artística da compañía Voadora, Marta Pazos, nunha conversa conducida pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón.

Carlus Padrissa (Balsareny, 13 de abril de 1959) é un dos directores artísticos de La Fura dels Baus, que forxou obras como Accions (1984), Suz/O/Suz (1985), Tier Mon (1988) ou Noun (1990), que consolidaron o traballo da compañía. Impulsor da participación do grupo na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992, conta cun amplo abano de aclamadas postas en escena de óperas na súa traxectoria. Capitanea ademais un dos proxectos máis ambiciosos da Fura: converter o barco Naumon nun escenario flotante de 60 metros de longo e 1.100 toneladas.

Marta Pazos (Pontevedra, 3 de mayo 1976) é directora de escena, escenógrafa e intérprete. Directora artística e dramaturga da compañía Voadora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, dirixiu ópera e teatro para centros de produción como o Teatro Real, Teatro Lliure, Teatro Español, Centro Dramático Galego e actualmente para o Centro Dramático Nacional. A súa persoal linguaxe e a ollada plástica aplicada á escena convértena nunha das directoras máis relevantes da sua xeración. En 2019 estrea as óperas A amnesia de Clío de Fernando Buide e Je Suis Narcissite de Raquel García Tomás, nominada aos International Opera Awards como mellor estrena mundial do pasado ano. 

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola