Evento: OKR (Objectives and Key Results) e transformación Agile

OKR (Objectives and Key Results) e transformación Agile
martes, 19 maio, 2020 - 16:30
Evento online,
Santiago de Compostela

OKR (Objectives and Key Results) e transformación Agile

Webinar organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de la Consellería de Economía, Emprego e Industria

Xornada técnica adicada a mostrar os fundamentos do framework de xestión de obxectivos denominado OKR (Objectives and Key Results) e que representa unha definición de obxectivos baseados en OKR nun proceso de transformación Agile asociado a un escalado Agile dunha área ou a totalidade dunha organización. Utilizarase como exemplo como incorpora o framework SAFe os OKRs para estratexia e aliñamento dun equipo de equipos Agile. 

A xornada complétase con algúns modelos e antimodelos do uso de OKRs en combinación co performance management cos seus impactos sobre a transformación Agile. 

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

Transformación  Agile

Comunicación clara de visión e obxectivos

Obxectivos e Resultados Clave ( OKRs)

Diferenzas entre  OKRs e  KPIs

OKRs e  Agile

Escalado  Agile baseado en  SAFe

OKRs nun contexto de transformación  Agile baseada en  SAFe

OKRs para aliñamento de obxectivos

Performance  Management en contextos áxiles.

O seminario será desenvolvido por Miguel Santiago Arcal, Socio fundador e Director de Estratecno, empresa dedicada a Transformación Agile e Formación. Licenciado en Matemáticas/Investigación Operativa, conta con máis de 25 anos de experiencia en Dirección de Proxectos e Servizos dos cales os últimos 11 anos dedicounos a Agile como consultor e formador. Actualmente, formando parte do equipo de Estratecno, proporciona servizos de Estratexia e Implantación de proxectos de Transformación Agile en todo tipo de organizacións públicas e privadas (Telecomunicaciones, Banca e Seguros).

A xornada vai dirixida a responsables de departamentos e equipos de organizacións en proceso de transformación con coñecementos/experiencia básica previa relacionada con Axilidade/Scrum.

Ten como obxectivo introducir o framework OKRs e a súa relación, beneficios e riscos para apoiar unha transformación agile.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola