Evento: Cría fama e bótate a correr

Cría fama e bótate a correr
venres, 16 outubro, 2020 - 22:30
A Fundación,
Melide

Cría fama e bótate a correr

Novo espectáculo de Aldaolado

Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama. E que mellor lugar para facelo que sobre os escenarios e con este novo espectáculo onde as poetas se reinventan a si mesmas, airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos. Cría fama e bótate a correr sérvese da unión de poesía, música en directo e humor que caracteriza o dúo, pero nesta ocasión achega novas cancións, poemas inéditos e inesperadas sorpresas para quen desexe emocionarse e rir nunha velada que é moito máis ca un recital de poesía.

Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, poetas de consolidada carreira, que no 2005 uniron os seus nomes e os seus esforzos para dar lugar a este dúo orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos. Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galicia como máis aló das nosas fronteiras. Tamén lles deu tempo de facer unha boa morea de fans aos que queren render homenaxe nesta nova montaxe.

  • Aldaolado no Luar

Máis eventos de tipo Concerto

Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3
Boyanka Kostova
20 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Freedonia
20 de abril
Rúa do Preguntoiro, 35