Evento: Jesús Madriñán - I am light

Jesús Madriñán - I am light
venres, 22 novembro, 2019 a domingo, 1 marzo, 2020
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5,
Santiago de Compostela

Jesús Madriñán - I am light

Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo inter...

Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías. As súas diversas series abordaron aspectos da noite festeira en grandes cidades europeas (Good Night London, 2011, ou Dopo Roma, 2016) ou no medio rural (Boas noites, 2013). A súa maneira de traballar é moi minuciosa e precisa, utiliza a cámara de gran formato e a película analóxica, o que fai máis complexo un traballo que se asocia á rapidez da reportaxe.
Este proxecto, froito da colaboración entre Xacobeo e CGAC, formúlase como unha renovación e actualización da mirada sobre a realidade do Camiño de Santiago e os seus peregrinos.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona