Evento: Sesión Roi Fernández
Sesión Roi Fernández
España, 2010-2014
Dirección e guión: Roi Fernández.
Duración: 61 minutos.
Proxección de curtametraxes do artista galego Roi Fernández (A Coruña, 1979). En Calquera infinito posible (2012) conta a historia dunha partida de xadrez entre Aníbal, un vello mariñeiro galego, e Yotuel, un xove disidente cubano que quere seguir sendo fiel ós seus ideais de liberdade. A partida irá desvelando unha historia común de soños truncados, unha historia que un tenta esquecer e o outro esfórzase por lembrar: diferentes xeitos de sobrevivir ó pasado. O gañador dun Goya Celso Bugallo e o actor portorricano Modesto Lacén protagonizan un poema visual sobre a identidade, a perda e a amizade. A curta recibiu catro premios no City Visions Showcase, mención de honra no Tessalonika Film Festival e foi a gañadora do Festival de Cans 2013 (Mellor curtametraxe /mellor banda sonora). Incluimos tamén a curta documental Lady Laura (2010), historia dunha moza galega que trata de sobevivir en Nova Iorque; a videocreación sobre proceso de traballo de Alberto García-Alix Abstracto de máquina (2014) e as pezas Remy (2010) e Unha casa con silveiras (2011).


