Evento: Sesión Roi Fernández

  • Roi Fernández
Sesión Roi Fernández
sábado, 8 novembro, 2014 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe,
A Coruña

Sesión Roi Fernández

Curtametraxes do artista galego

España, 2010-2014

Dirección e guión: Roi Fernández.

Duración: 61 minutos.

Proxección de curtametraxes do artista galego Roi Fernández (A Coruña, 1979). En Calquera infinito posible (2012) conta a historia dunha partida de xadrez entre Aníbal, un vello mariñeiro galego, e Yotuel, un xove disidente cubano que quere seguir sendo fiel ós seus ideais de liberdade. A partida irá desvelando unha historia común de soños truncados, unha historia que un tenta esquecer e o outro esfórzase por lembrar: diferentes xeitos de sobrevivir ó pasado. O gañador dun Goya Celso Bugallo e o actor portorricano Modesto Lacén protagonizan un poema visual sobre a identidade, a perda e a amizade. A curta recibiu catro premios no City Visions Showcase, mención de honra no Tessalonika Film Festival e foi a gañadora do Festival de Cans 2013 (Mellor curtametraxe /mellor banda sonora). Incluimos tamén a curta documental Lady Laura (2010), historia dunha moza galega que trata de sobevivir en Nova Iorque; a videocreación sobre  proceso de traballo de Alberto García-Alix Abstracto de máquina (2014) e as pezas Remy (2010) e Unha casa con silveiras (2011).
 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Curtas Guillermo Galoe
15 de abril
Filmoteca de Galicia