Evento: Os nenos da varíola

Os nenos da varíola
sábado, 9 abril, 2022 - 20:30
Auditorio Gabriel García Márquez,
Oleiros

Os nenos da varíola

Espectáculo histórico para todos os públicos

30 de Novembro de 1803: “​A Real Expedición Filantrópica da Vacina​” parte dende o porto da Coruña. ​Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Pérez&Fernández en coprodución co ​Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de ​María Solar “​Os Nenos da Varíola​”. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, ​Isabel Zendal​.

Intérpretes: Victoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xosé Leis

Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez

Compañía: Pérez & Fernández

Espectáculo en galego

  • Os Nenos da Varíola Trailer

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia