Evento: Paula Parker Group
Paula Parker Group
Paula Parker Group
Dentro do ciclo Máis que Jazz preséntase na sala Garufa Club unha nova formación musical
O grupo vén forxando desde hai xa un tempo entre Paula Pérez, voz do grupo, e Roberto Somoza, "levabamos tempo xa dándolle forma, elixindo os temas... e finalmente xa puxemos data aos concertos", explica Pérez. O Parker vén do famoso saxofonista estadounidense Charlie Parker, "Paula Pérez soaba un pouco a cantautor", recoñece entre risas a cantante, polo que decidiron escoller este novo nome, "que dá un pouco a idea do que facemos, á vez que serve de homenaxe ao propio Charlie Parker", engade. Á hora de falar de influencias, conta Pérez que habería que "citar a unha multitude de grandes músicos".
Ligazóns



