Evento: A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquila na cabeza
A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquila na cabeza
Unha representación teatral con monicreques e música en vivo que nos conta a coñecida historia da Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
A toupiña saía tan tranquila do seu tobo para ver se xa saíra o sol, cando algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.
Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.
Máis eventos de tipo Espectáculo



