Evento: Mai Mai

Mai Mai
venres, 5 marzo, 2021 - 18:00
Casa da Cultura de Bertamiráns,
Ames
Espectáculo infantil a cargo de Baobab Teatro

Mai Mai é  a historia do último  Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo  quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental.Unha historia que fala de revolución,  que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.

Elenco artístico: Xose Manuel Esperante , Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra