Evento: Vudú

Vudú
venres, 15 novembro, 2019 - 23:30
A Fundación,
Melide
Concerto a cargo de Vudú

Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.
Vudú nace na Coruña no ano 2016, e gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña. Gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Musica Xove. No 2017, despois dunha nova andadura de concertos presentando o formato dúo, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novas formas de directo. O seu segundo EP, foi gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero e foi autoeditado no verán de 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man. Veñen de gravar o seu primeiro disco ( Vudú Vol. III) que foi presentado en decembro de 2018.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo
Metrika
18 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5