Evento: 'Historia e tradición do coche de cabalos'

'Historia e tradición do coche de cabalos'
xoves, 16 maio, 2019 a domingo, 2 xuño, 2019
Praza de Europa,
Santiago de Compostela

'Historia e tradición do coche de cabalos'

Os corredores de Area Central reúnen ata o domingo 2 de xuño unha selección de nove carruaxes que conforman a exposición 'Historia e tradición do coche de cabalos'; unha mostra histórica que fai un percorrido ...

Os corredores de Area Central reúnen ata o domingo 2 de xuño unha selección de nove carruaxes que conforman a exposición “Historia e tradición do coche de cabalos”; unha mostra histórica que fai un percorrido polos diferentes medios de transporte que se empregaban antes da chegada do vehículo a motor. 
A colección é propiedade de Jacobo Pérez e inclúe, entre outros, un ómnibus privado e un ómnibus público ou dilixencia (empregado para percorrer o camiño entre dous localidades), un duque infantil e un tonneau (axeitados para o manexo por parte dos nenos), unha araña americana ou un carruaxe tipo “corón”, empregado para transportar gando aos mercados de abastos en Galicia ata 1980. Algúns de estos carruaxes se empregaron en producións cinematográficas ambientadas no século XIX e principios do século XX.
Esta exposición de carruaxes se complementa cunha breve mostra de traxes de gala da sección de doma da Alta Escola de Galicia e cunha exposición de traxes galegos confeccionados por Conchi García López.
+Info

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona