Evento: Toco cos dedos a luz nova do día: Homenaxe a Xabier P. Docampo

Toco cos dedos a luz nova do día: Homenaxe a Xabier P. Docampo
mércores, 5 xuño, 2019 a luns, 1 xullo, 2019
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Toco cos dedos a luz nova do día: Homenaxe a Xabier P. Docampo

Mostra bibliográfica

Esta mostra complementa ao acto de homenaxe adicado a Xabier P. Docampo que organiza Gálix coa colaboración doutras entidades.

Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946 e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018, foi un mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil no 1995 por Cando petan na porta pela noite, obra seleccionada como unha das cen mellores do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Na sala infantil. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona