Evento: Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios
Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios
mércores, 10 abril, 2019 a domingo, 23 xuño, 2019
Sede Afundación Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios
Mostra do artista ecuatoriano Oswaldo Guayasamín
Oswaldo Guayasamín é un dos artistas latinomericanos que destaca por representar as vangardas do século XX, especialmente o Expresionismo e o Cubismo.
Co gallo do centenario do seu nacemento e o vixésimo aniversario do seu pasamento Afundación acolle esta exposición do artista ecuatoriano. Ademais, coincide que o ano 2019 é o ano das Linguas Indíxenas.
A obra de Guayasamín destaca polos seus retratos de importantes personalidades e pola súa vinculación ao muralismo, ademais de pola súa alta sensibilidade e coñecemento da vida indíxena e as culturas prehispánicas. A profesora de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela, Pilar Cagiao,é a comisaria desta exposición deseñada por José Luis Rey.
Ligazóns