Evento: Libros sobre reloxos. Colección José Luis Basanta
Libros sobre reloxos. Colección José Luis Basanta
luns, 6 outubro, 2014 a domingo, 30 novembro, 2014
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela Libros sobre reloxos. Colección José Luis Basanta
Exposición que mostra unha das mellores coleccións de libros sobre reloxos do mundo
A Biblioteca de Galicia ofrécelle ao gran público unha das mellores coleccións de libros sobre reloxos do mundo: a legada por José Luis Basanta (Fonsagrada, 1924), extraordinario e dedicado bibliófilo, prestixioso investigador nos eidos da química e do papel. Formada por máis de 450 volumes, inclúe manuscritos únicos, impresos desde o século XVI ata a actualidade e unha gran cantidade de obras de apoio, desde revistas ata bibliografías, catálogos, publicacións de libraría anticuaria e obras sobre temas afíns, como os instrumentos mecánicos e a medición do tempo.
+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/libros-sobre-reloxos
Máis eventos de tipo Exposición



