Evento: Terra Chá. Bonxe

Terra Chá. Bonxe
martes, 11 decembro, 2018 a domingo, 10 febreiro, 2019
Capela de Santa María,
Lugo

Terra Chá. Bonxe

Formas tradicionais da cerámica popular

A Capela de Santa María acolle a exposición Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá. Bonxe, comisariada por Hixinio Flores Rivas e Orlando Viveiro Veiga. As pezas, 80 en total, a maioría procedentes de coleccións particulares, amosan diversas tipoloxías e expóñense cunha contextualización informativa e fotográfica, co obxecto de poñer en valor a cerámica popular galega a través do coñecemento, neste caso concreto, da produción realizada na Terra Chá.  

A mostra recolle unha escolma de pezas de cerámica popular realizadas en San Mamede de Bonxe e outras parroquias do Concello de Outeiro de Rei, como Silvarrei, Pape, Constante, Penelas, Francos, O Cantón e Guillar, así como pezas de Lugo, concretamente nos núcleos de Pías, Seivane e Ramil.

A exposición permanecerá aberta ao público dende o día 11 de decembro e ata o 10 de febreiro, en horario de mañá e tarde. A entrada é libre e de balde 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona