Evento: En el corazón de mayo 68 - Au coeur de mai 68
En el corazón de mayo 68 - Au coeur de mai 68
No ano 2018 conmemórase o quincuaxésimo aniversario dos eventos de maio de 1968.
Maio 68 representou un cambio a nivel político, social e cultural. Comezou no suburbio parisiense de Nanterre e terminou paralizando todo o país. Empezou cunha serie de protestas de estudantes aos cales se uniron os sindicatos e grupos obreiros.
O vestíbulo da biblioteca será cedido á Alianza Francesa de Santiago para unha exposición fotográfica sobre este evento histórico. A exposición consta de 43 fotografías en branco e negro tomadas polo fotógrafo francés Philippe Grass (1942‐2007) que testemuñou estes acontecementos mediante a súa cámara e a súa mirada persoal e empática. Un documental acompaña as fotos para explicar os retos, as innovacións e os cuestionamientos deste período.
A exposición pode visitarse no vestíbulo, onde tamén hai unha pequena mostra bibliográfica con fondos da biblioteca.
Máis eventos de tipo Exposición



