Evento: Pantoque

Pantoque
venres, 16 novembro, 2018 a domingo, 31 marzo, 2019
MARCO - Museo de Arte Contemporánea,
Vigo

Pantoque

Exposición de Ramón Trigo

Pantoque. m. Mar. Parte exterior do casco do barco que, xunto á quilla, forma o fondo.

A idea primixenia de Pantoque é a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración creativa que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro. A través da observación da actividade diaria e a relación do home co feito construído e o mar, ambas as dúas linguaxes interrelaciónanse na busca dun lugar común.

O espazo elixido son os estaleiros Armada, situados en Bouzas, Vigo, desde os anos vinte, e con case un século de vida tras tres xeracións dunha familia inexorablemente unida ao mar e á historia da cidade. O proxecto parte da experimentación creativa sobre o espazo arquitectónico e o traballo dos operarios no estaleiro. Lugar, Arquitectura, Mar e Factor Humano.

En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller aos estaleiros Armada. Alí, durante doce meses convivirá cos traballadores reinterpretando a actividade do estaleiro tamizada pola súa visión plástica. Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vídeo e fotografía toda a acción. O proceso convérteos nun só home. O artista e a súa sombra. Dúas formas visuais de narración onde a pintura suxire e o vídeo e a fotografía documentan.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona