Evento: Tribalistas

Tribalistas
venres, 26 outubro, 2018 - 21:00
Multiusos Fontes do Sar,
Santiago de Compostela

Tribalistas

Concerto da banda brasileira

Compostela é unha das cidades elixidas por Tribalistas para a súa xira por Europa, que os levará tamén por Portugal, España, Reino Unido, Alemaña, Francia, Suíza e Italia. O trío formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de venderen tres millóns de discos para facer unha xira mundial. 

A cita será o venres 26 de outubro ás 21 horas no Multiúsos de Sar, e contará cun artista convidado. Tribalistas é un dos maiores fenómenos da música brasileira recente e os seus tres protagonistas volveron xuntarse en 2017 para publicar un novo disco quince anos despois do grandísimo éxito que supuxo o anterior. As súas músicas tiveron alcance mundial e medio planeta cantaruxaba aquilo de "eu sou de ninguem, eu sou de todo o mundo, e todo o mundo me quer bem" do tema 'Ja sei namorar'. 

Aquela xuntanza excepcional de tres grandes como Monte, Antunes e Brown xurdiu de casualidade logo de que Marisa fose colaborar no disco de Arnaldo do que Carlinhos era produtor. Alí saltou a chispa, que só deu como froito un disco homónimo publicado en 2002. Nunca se presentaron e nunca fixeron unha xira grande, pero venderon máis de tres millóns de discos en todo o mundo e tiveron cinco nominacións aos Grammy Latinos.

No pasado verán publicaron este agardadísimo segundo disco (CD e DVD, tamén en vinilo), publicado por Universal Music e en plataformas dixitais por Altafonte. Nel tamén participa en tres temas a cantora portuguesa Carminho. E o 28 de xullo comezan en Brasil unha xira mundial, que comezará en oito cidades brasileiras e continuará en Europa, onde, ademais de Compostela, visitarán Lisboa, Porto, Barcelona, Madrid, Londres, Hamburgo, Basel, París, Milán e Roma.

Nesta xira tamén tocarán temas do seu primeiro disco, que se converteron en hits a nivel mundial, como “Passe em Casa,” “Velha Infância” ou “Já Sei Namorar”. O espectáculo está dirixido por eles mesmos, xunto con Leonardo Netto. Forman parte da banda Dadi Carvalho (baixo, guitarra eléctrica, mandolina e teclados), Pedro Baby (guitarra acústica e eléctrica), Pretinho da Serrinha (cavaquinho) e Marcelo Costa (percusións).

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5