Evento: Animais de compañía

Animais de compañía
domingo, 27 outubro, 2019 - 12:00
Auditorio Municipal de Ourense (Sala Principal),
Ourense

Animais de compañía

Espectáculo a cargo de Teatro do Noroeste

Animais de compañía é un espectáculo para público familiar e escolar desde 6 anos. Unha comedia musical en forma de fábula que vai conquistar aos máis pequenos da casa mentres viven un proceso de aprendizaxe de valores éticos.

Maxa e Fedra, unha vella cadela e unha gata nova, son as encargadas de, entre cancións, contos, relatos e liortas, ensinar a nenas e nenos a importancia do respecto ás diferenzas: de raza, de cor, de relixión, de xénero etc.

Este espectáculo está pensado para público escolar e dispón de Unidade Didáctica, na que ademais terán as cancións para traballar en clase de música. 

Unha fábula moderna sobre as relacións humanas. Como nas fábulas clásicas, dous animais toman características humanas para construír un proceso de aprendizaxe e toma de valores éticos. Trata en clave de comedia unha situación cotiá na casa dunha moza nova amante dos animais, establecéndose un paralelismo entre o que lle acontece as súas mascotas e a sociedade actual.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O que hai que ver
23 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Boa sorte, mala fama
23 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
As desterradas
23 de outubro, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de outubro, 18:00
Casa Dopeso - As Pontes de García Rodríguez - A Coruña