Evento: Unha mirada de antano

Unha mirada de antano
venres, 20 xullo, 2018 a domingo, 2 setembro, 2018
Sede Afundación,
Sanxenxo

Unha mirada de antano

Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia

Tras pasar por varias vilas galegas, Unha mirada de antano chega a Sanxenxo, onde dará a coñecer a obra de Ruth Matilda Anderson. 

Ruth Matilda Anderson chegou a Galicia en agosto do ano 1924, cando desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai. Anderson era fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York e tiña que capturar en imaxes Galicia. Anderson volvería en 1926 acompañada doutra fotógrafa, Frances Spalding, para ampliar a colección de imaxes. Anderson fixo unha recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. 

A exposición permite non só descubrir a esta fotógrafa e a súa obra, senón tamén a Galicia dos anos 20.  

Existen visitas guiadas para o público xeral e tamén visitas-obradioro para nenos e nenas.  

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona