Evento: Arte e ... acción!

  • Arte e ... acción!
Arte e ... acción!
martes, 3 xullo, 2018 a venres, 27 xullo, 2018
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Arte e ... acción!

Obradoiros infantís de verán

ARTE E … ACCIÓN! é unha programación de actividades artísticas que reinterpreta as obras da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña desde unha mirada contemporánea e lúdica.

Unha viaxe que parte desde as obras mitolóxicas dos autores barrocos ata as máis vangardistas e contemporáneas, buscando desenvolver o potencial creativo e a expresión corporal, fomentando a imaxinación e educando a percepción espacial; a través das artes escénicas, a pintura, a fotografía e a colaxe.

De martes a venres en quendas en xullo de 2018

De 10:30 a 13:30 horas 

IDADES DOS PARTICIPANTES 7-12 anos(ambos inclusive)

HORARIO 10:00 /13:30 H A semana do 24 de xullo: de 10:00 a 14:00H

DURACIÓN De martes a venres do mes de xullo en diferentes quendas:

Semana 3-6 de xullo
Semana 10 -13 de xullo
Semana 17 -20 de xullo
Semana 24 -27 de xullo

 25,00 € (Amigos Museo 20,00 €) Prazas limitadas. Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas). Páxina web do museo. mu.belas.artes.difusion@xunta.es

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola