Evento: Buscando a Clío: achegando linguaxes para unha ópera contemporánea
Buscando a Clío: achegando linguaxes para unha ópera contemporánea
O compositor Fernando Buide e o dramaturgo Fernando Epelde falan en Buscando a Clío, achegando linguaxes para una ópera contemporánea do camiño conxunto que están a percorrer de cara á estrea dunha ópera realizada entre ambos, que se está a desenvolver baixo o mecenado da bolsa Leonardo da Fundación BBVA e contará coa música da orquestra Real Filharmonía de Galicia.
A música do compositor Fernando Buide ten sido programada por gran parte das principais orquestras españolas, entre as que están a Sinfónica de Madrid, a de RTVE ou a JONDE, así como outras estranxeiras, como a Sinfónica de Pittsburgh ou Minnesota. Traballou con distintos directores, entre os que destaca a súa relación co mestre Paul Daniel, quen dirixiu ata catro estreas absolutas do autor. Doutor pola Universidade de Yale, Buide estudou tamén na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh así como nos conservatorios de Santiago e Oviedo, onde se formou como compositor, pianista e organista.
O labor como escritor e dramaturgo de Fernando Epelde inclúe, xeralmente, o vínculo con outras disciplinas como a música, o cine ou a performance. A súa obra caracterízase por un certo grao de experimentación formal, moi influído pola edición de vídeo. A fragmentación é unha clave do seu traballo, con un especial mimo polas circunstancias dos seus personaxes. No conxunto da súa obra prima a poesía por riba do experimento, cunha visión política moi definida e un forte vínculo co presente. Os últimos textos seus en saír do prelo foron En las ciudades grandes mueres solo e Andrómenas soa moi antigo.



