Evento: A visión para piano de John Cage (1912–1992)
A visión para piano de John Cage (1912–1992)
Afincado en Vigo, onde é profesor no Conservatorio Superior de Música, Nicasio Gradaille é pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) de Santiago de Compostela. Doutor pola Universidade de Vigo cunha Tese sobre o Concert for Piano de John Cage, de quen gravou para a Radio Galega as súas Sonatas and Interludes, impartiu seminarios sobre a súa obra para piano en diversos conservatorios europeos. Interesado na música contemporánea, participou nos festivais Via Stellae (Santiago de Compostela), Semana do Corpus (Lugo), Espazos Sonoros (Ourense, Vigo, Sada), Semana de Música Religiosa (Cuenca) ou Festival Internacional de Música y Danza (Granada). Colabora frecuentemente coa Real Filharmonía de Galicia.
A conferencia de Nicasio Gradaille sobre John Cage forma parte da programación das Xornadas de música contemporánea 2018.



