Evento: Contiguo
Contiguo
Contiguo
Espectáculo de novo circo
Contiguo nace de poñer un ser humano xunto ao outro. É o lugar onde un acaba e outro comeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte en alguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demais. O destino únenos, a historia escribímola nós.
Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único para expresarse, resultado da búsqueda no circo como linguaxe en si mesma. Os artistas non só utilizan a técnica para expresar, senón tamén un “eu” íntimo que aflora a través dela.
Máis eventos de tipo Espectáculo