Evento: Sorrisos trans*formadores

Sorrisos trans*formadores
luns, 21 maio, 2018 a domingo, 3 xuño, 2018
Pazo da Cultura Emilia Pardo Bazán,
Sanxenxo

Sorrisos trans*formadores

Exposición e campaña de visibilización positiva sobre o colectivo trans

Sorrisos trans*formadores é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS), con fotografías de Noemí Chantada.

Baixo o lema "Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive-e deixa vivir" o proxecto busca a visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.

A exposición fotográfica está composta por 10 imaxes. Esta campaña de visibilización positiva inclúe as imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, e van acompañadas, cada unha, dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe: educadores e educadoras, xuristas, políticos e políticas, psicólogos e psicólogas, etc. 

As súa finalidade é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona