Evento: Poemas de chocolate

  • Taza de chocolate cos tipos de poemas como chocolate
  • Mosaico de tazas de chocolate
Poemas de chocolate
domingo, 8 abril, 2018 - 11:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Poemas de chocolate

Unha actividade moi gozosa para conmemorar o Día da Poesía (21 de marzo).

Neste obradoiro imos saborear a dozura da poesía, collerlle o gusto, explorala, captar o seu ritmo e tentar comprender o seu saber ó tempo que degustamos o sabor dos diferentes chocolates cos que compaxinan os distintos poemas:

Poemas sólidos: chocolate amargo

Poemas frescos: chocolate de menta

Poemas inocentes: galletas de chocolate  

Poemas mestizos: chocolate con leite

Poemas tropicais: chocolate de froitas

Poemas orientais: chocolate de arroz

Poemas de medo: chocolate negro

Poemas volátiles: chocolate en pó

Poemas servidos en bandexa: chocolate na cunca

Poemas doces: bombóns de chocolate

Poemas máxicos: torta de chocolate

Poemas con sorpresa: chocolate con améndoas

Poemas de amor: mousse de chocolate  

Poemas de paz: chocolate branco

Poemas especiais: chocolate sen glute

Poemas sen rima: chocolate sen lactosa

Poemas para rir: chocolate sen azucre

Poemas para chorar: chocolate con pementa

Poemas transgresores: chocolate con sal

Poemas de lúa: chocolate con nata

Poemas con clase: chocolate gourmet

Malia que haberá un poema para cada categoría, os asistentes poden achegar o seu poema preferido e emparellalo co chocolate correspondente.

Aínda cando non tomes azucre, glute ou grasas vas atopar un chocolate para ti

Impartido por: funcionarias voluntarias da BdG

 

Duración: 120 minutos

Prazas: 30

De balde, precisa inscrición na web

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de cerámica castrexa
3 de maio
Museo do Castro de Viladonga
Sen cantareiras non hai foliada
12 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contos para arrollar un enxame
20 de maio
Avenida do Burgo das Nacións