Evento: Illa Rota - Fotografías de Juan Cancelo

Illa Rota - Fotografías de Juan Cancelo
martes, 30 xaneiro, 2018 a xoves, 22 marzo, 2018
Sala de exposicións do Pazo Municipal,
A Coruña

Illa Rota - Fotografías de Juan Cancelo

Fotos feitas por Juan Cancelo desde a II República ata ben entrado o franquismo

Juan Cancelo formou parte dese reducido grupo de fotógrafos que combinou o seu traballo profesional no xornal coruñés El Ideal Gallego, no que traballou más de medio século, coa devoción pola práctica de fotógrafo como un freelance ou amador que tiña paixón por contar a sociedade en que vivía a través dos ollos dunha cámara.

A narrativa desta exposición está composta por fotos todas elas feitas por Juan Cancelo en diversas épocas, desde a II República ata ben entrado o franquismo. No seu conxunto permiten seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia, unha illa rota. A mostra é o resultado dunha coidadosa peneira que levou a cabo o fotógrafo Caruncho e recolle tanto escenas das elites e grupos de poder, como a vida nas rúas, os baños nas praias da cidade, os bailes, o lecer das touradas e dos deportes, e a vida dura das clases populares.

Máis eventos de tipo Exposición

Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona