Evento: O servidor de dous amos

O servidor de dous amos
venres, 1 febreiro, 2019 - 21:30
Teatro municipal,
Tui

O servidor de dous amos

Espectáculo a cargo de Talía Teatro

Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atópase aquí unha reinvención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorporar novas formas de teatralidade. No seu atrevemento non fan outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de grande formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde tocará rir de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Elenco artístico: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
16 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
17 de abril, 20:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
Bio construción
Bio construción
17 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Dedín, dedín, dedal
17 de abril, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña