Evento: Casa O´Rei

Casa O´Rei
sábado, 14 decembro, 2019 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense
Espectáculo teatral da compañía Ibuprofeno Teatro

Elenco: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira, Xosé M. Esperante

Con Casa O'Rei, Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con O furancho e Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de O rei Lear de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega. Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa, desta vez para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril, 18:00
Multiúsos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Crisálida
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra