Evento: A alfombra máxica

  • Imaxe do espectáculo
A alfombra máxica
sábado, 14 abril, 2018 - 18:00
Auditorio Municipal do Carballiño,
O Carballiño
Espectáculo sensorial para bebés a cargo de Teatro Babaluva

A alfombra máxica é un prelibro onde a artista plástica Mirari Urruzola convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial.

Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver... Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo.

Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

Esta actividade pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Absurdia
11 de abril, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
Con lingua propia
11 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
11 de abril, 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra
Go home
Go Home
11 de abril, 20:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra