Evento: Aniversario do nacemento de Ánxel Casal

Aniversario do nacemento de Ánxel Casal
luns, 10 decembro, 2018 a luns, 7 xaneiro, 2019
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Aniversario do nacemento de Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Ánxel Casal Gosenxe (A Coruña, 1895-Cacheiras, 1936) foi un editor, libreiro, impresor e alcalde de Santiago que apareceu morto un 19 de agosto de hai oitenta e un anos nun foxo en Cacheiras, preto de Santiago de Compostela.

Durante 12 anos, entre 1924 e 1936, e en dúas cidades, na Coruña primeiro e logo en Compostela, Ánxel Casal publicaría máis de oitenta libros, centos de folletos e separatas, revistas e diarios, nunha intensísima actividade cultural que a Asociación Galega de Editoras considera “fundacional” para o libro galego moderno. Do prelo de Casal saíu quizais o conxunto máis importante da cultura galega de toda a súa historia.

O recoñecemento da súa labor é póstumo, e forman parte del a escolla do 17 de decembro, o día do seu nacemento, para conmemorar o Día da Edición e darlle o seu nome a nosa biblioteca.

Por todo isto queremos recordar a súa figura con esta mostra que pode visitarse na sección do fondo local no andar baixo da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona