Evento: Culturgal
Culturgal
Culturgal é a feira das industrias culturais galegas, que reúne aos diferentes actores de distintas industrias e ao público xeral cada ano en Pontevedra. Nos últimos anos, as cifras de visitantes estiveron nas 15.000 persoas, que se achegan ao Pazo da Cultura da cidade para descubrir as últimas novidades en música, libros, teatro ou cine galego, entre outros. Ademais dos stands dos diferentes participantes, os asistentes poden tamén acudir a conferencias, presentacións, mesas redondas ou concertos. O programa está pensado para todos os públicos e conta cun amplo abano de actividades para nenos.
En total, este ano haberá 130 actividades, dirixidas tanto aos profesionais como ao público xeral. No espazo expositivo, Culturgal contará con 120 expositores chegados das diferentes disciplinas da cultura.
Portugal será este ano o país convidado na feira, o que levará a que se realicen accións especiais ligadas á cultura lusa. Dende a Consellería de Cultura, por exemplo, presentaranse dúas acciones en colaboración coas institucións portuguesas no terreo da literatura e da música: as Conversas Nortear e a 4ª Semana de Convergências Portugal-Galiza.
Durante a feira haberá a presentación de varias iniciativas, como o Nadal no Gaiás, Pequefilmes, Escenas do cambio ou o CEM do Gaiás, organizados pola Cidade da Cultura.
Igualmente, o Pergamiño Vindel terá un protagonismo especial. Un amplo expositor informará dos contidos da exposición que se está desenvolvendo en Vigo e diferentes relatorios e obradoiros permitirán profundar no seus contidos.



