Evento: XIV Simposio O libro e a lectura

  • XIV Simposio O libro e a lectura
XIV Simposio O libro e a lectura
mércores, 8 novembro, 2017 a xoves, 9 novembro, 2017
Sede Afundación ,
Santiago de Compostela

XIV Simposio O libro e a lectura

Libro ilustrado: outra forma de ler?

A Asociación Galega de Editoras organiza unha nova edición do Simposio O Libro e A Lectura, nesta ocasión centrado no libro ilustrado e no seu impacto na lectura. O simposio contará con tres mesas redondas, unha dedicada á banda deseñada e na que intervirán Kiko Dasilva, Cano Paz e Carla Berrocal; outra sobre como editar o libro ilustrado, con Madalena Matoso, editora de Planeta Tangerina e e Diego Moreno, editor de Nórdica Libros; e, finalmente, a mesa redonda : “Olladas ilustradas”, coa intervención de Xosé Cobas, Ester García e Calros Silvar.

Ademais, intervirán en tres conferencias  Joan Fontcuberta (“A furia das imaxes”), Ana Garralón (“Os álbums que contan o mundo”) e Teresa Durán (“Os tres fillos do Zar. A lectura da imaxe, hoxe”).

As inscricións deberán facerse antes do 6 novembro, por correo electrónico enviado á Asociación Galega de Editoras. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Xornadas sobre Díaz Pardo no Museo de Belas Artes da Coruña
Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo
23 de outubro a 24 de outubro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
24 de outubro
Centro sociocultural do Castro
Toponimízate 2025
6 de novembro
Auditorio Municipal