Evento: Entre mouchos e dragóns

  • Entre mouchos e dragóns
Entre mouchos e dragóns
martes, 29 agosto, 2017 a sábado, 2 setembro, 2017
Museo de Pontevedra,
Pontevedra

Entre mouchos e dragóns

Feira Franca 2017

Durante a Feira Franca desenvolverase un obradoiro no que as nenas e nenos poderán descubrir o mundo dos bestiarios medievais e a súa importancia na arte en pedra.

En cada quedan participarán 12 nenos de entre 7 e 12 anos. O horario do obradoiro é de 11:00 a 13:30 horas na sala taller do Sexto Edificio.

A inscrición será por vía telefónica (986 804 100 ext. 42412) ou enviando un correo electrónico a gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción de chamadas e de correos. O horario de atención telefónica e de correos é de luns a venres de 08:30 a 14:00 horas.

As bestas das Ruínas

Ademais nas Ruínas de Santo Domingos as familias poderán participar nun xogo no que haberá que atopar unha serie de animais presentes no interior do edificio seguindo unha serie de pistas, para iso contarán coa axuda do persoal do Gabinete Didáctico. O horario é de e 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. (O sábado 2 só de mañá)
 

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola