Evento: Arredor da familia e outros contos

Arredor da familia e outros contos
sábado, 12 agosto, 2017 a xoves, 31 agosto, 2017
Casa das Peritas,
Fisterra

Arredor da familia e outros contos

Exposición de Natasha Lelenco na Casa das Peritas

A Casa das Peritas volve abrir as súas portas, nesta ocasión, ata o 31 de agosto, cunha exposición da artista moldava afincada en Fisterra Natasha Lelenco. A Casa das Peritas é unha vivenda rural do século XIX rehabilitada recentemente como vivenda, estudio de arte e espazo expositivo que abre as portas ocasionalmente como galería de arte. Nesta ocasión, a mostra reúne vellos e novos traballos de Natasha Lelenco baixo o prisma da indagación arredor da idea de familia. 

Natasha desenvolve a súa actividade artística nos eidos da pintura, a fotografía, o vídeo e a ilustración. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Oradea e o seu traballo, de vocación figurativa, indaga arredor do relato histórico, do sentido da vida e daquelo que nos fai humanos. Recoméndase estacionar nas proximidades da aldea e achegarse dando un agradable paseo á casa que se atopa no núcleo da aldea de Mallas.

Portas abertas ata o 31 de agosto de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8