Evento: Herdeiras Trio

Herdeiras Trio
sábado, 17 marzo, 2018 - 21:00
Auditorio Municipal de Cangas,
Cangas
Concerto de Carmen Penin sobre a memoria das mulleres

Carmen Penim presenta con Herdeiras un traballo único, que une música, poesía e danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia histórica e a reconciliación. Pero a pesar da temática, lonxe de ser un concerto triste, é dunha grande intensidade, vitalidade e emoción. Un verdadeiro camiño dende a escuridade ata a luz. Catarse e esperanza envoltos na mellor música interpretada principalmente por mulleres. No espectáculo proxectaráse a curtametraxe que para Herdeiras fixo a cineasta e académica Margarita Ledo. Os textos son de mulleres poetas actuais e a música é orixinal de Carmen Penim. Nela déixase sentir claramente o jazz, contexto no que ela medrou como cantante, con influencias de músicas do mundo e folk. A música conta tamén con elementos teatrais na interpretación que fan do espectáculo unha experiencia única, inesquecible para o público. Se ademáis se contrata a danza, o concerto gaña en intensidade e en valor artístico. Poucas oportunidades hai en Galicia de atoparse con un espectáculo destas características, tan completo, tan internacional e ó mesmo tempo tan noso. Ademáis, contratar este concerto supón contribuír a que traballos así, que xunguen unha extraordinaria calidade e libertade creadora e o compromiso social, sigan sendo posibles

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cortello de Amor
7 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Iribarne
Iribarne
8 de maio, 20:00
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Gabinete Mirabilia
8 de maio, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
8 de maio, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña