Evento: Contando historias. Kara Walker

Contando historias. Kara Walker
sábado, 17 xuño, 2017 - 11:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Contando historias. Kara Walker

Obradoiro de experimentación artística para familias

O CGAC continúa co ciclo de talleres de experimentación artística dirixidos a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos.

Os pequenos e pequenas descubren, crean e gozan en familia e acheganse xuntos ao fascinante universo da arte contemporánea. Nesta edición de Talleres para familas estase a traballar a relación que existe entre o corpo e arte contemporánea. 

Sábado 17, para familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos
Domingo 18, para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos
Prazo de inscrición: Do 5 ao 16 de xuño

Coas súas siluetas negras recortadas e proxeccións con lanternas máxicas, Kara Walker explora diversas cuestións da nosa sociedade como a identidade, o xénero ou a raza. Moitos dos contos e historias que hoxe en día coñecemos chegaron a nós trasmitidos por vía oral. Nesta sesión tratarase de narrar as nosas propias historias, anécdotas e experiencias e de escenificalas. Deste xeito, as e os particpantes proxectarán os seus corpos e deixarán que eles conten todo.

Máis información: http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/139/corpo_talleres_para_famil...

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros Mes da Cienccia
5 de novembro a 26 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
cartel_amullernaciencia_7_novembro
A muller na ciencia
7 de novembro
CEIP Valle-Inclán de Muíños, Mugueimes
Explora a ciencia
7 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Explorania
7 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola