Evento: A poesía non morde, aínda que ás veces debería
A poesía non morde, aínda que ás veces debería
O Festival de Poemaria celebra cinco obradoiros de lectura de poesía contemporánea impartidos por tres escritores : Elvira Ribeiro, Eduard Velasco e María Lado.
Nestes obradoiros abertos e estimulantes ofrécese a oportunidade de descubrir a ledicia e o pracer, o divertimento e a emoción dos poemas e dos poetas dos que nunca te contaron na escola. Desde escritoras galegas ata o cadáver exquisito, o verso libre ou poemas para recitar.
A poesía non morde leva ao mundo máxico da poesía revelando o accesíbel que é e todo o que importa. É a linguaxe acesa pola vida, e é a túa vida acesa pola linguaxe.
Celébrase novo espazo do #SalóndoMARCO
Os obradoiros son todos de balde e abertos ao público.
A primeira sesión é o sábado 20 (12:00) para sumarse á celebración do Día Internacional dos Museos e estará a cargo de Eduard Velasco.
O resto dos encontros serán os martes do 23 de maio ao 13 de xuño de 19:30 a 20:45
Lugar #SalondoMarco
MARCO Museo de Arte Contemporaneo,
Principe 54
Vigo
Contacto: poemariavigo@gmail.com



