Evento: O xardín das pernas roubadas
O xardín das pernas roubadas
Dirección: Xoan Carlos Mejuto e Iria Ares
Elenco:César Cambeiro, Daniel Currás, Marita Martínez, Xoan Carlos Mejuto, Santi Romay, Lucía Sánchez,Manuela Varela e Daniel Lozano
O xardín das pernas roubadas é unha comedia aceda. Xoán Carlos Mejuto, influenciado por correntes tan dispares como poden ser o teatro do absurdo, Kafka, o cinema de ciencia ficción, e o humor de Woody Allen ou os irmáns Marx, tenta crear unha realidade estraña e inquietante que, através do humor, faga reflexionar sobre os problemas que padece a sociedade dia a dia: a incomunicación na vida cotiá e a dificuldade de atopar o amor; a corrupción dos poderosos e a alienación dos cidadáns; o inmenso poder que teñen os medios de comunicación de masas; e a comodidade de se sentir cidadáns do nomeado como “Primeiro Mundo”, grazas ao lonxe que ás veces parecen estar as grandes traxedias de sempre: as guerras.
Ambientada nunha misteriosa illa, na que moran uns personaxes que, ou ben están tolos, ou ben manéxanse por moi extraños intereses. Conta a historia dun náufrago que aparece nunha das súas paradisíacas praias, un soldado en dirección a unha guerra, unha guerra da que nin el mesmo semella saber gran cousa.
Esta montaxe forma parte do programa Bono Teatro Galego, que ofrece descontos aos menores de 30 anos para asistir a espectáculos escénicos de compañías galegas.