Evento: Asociación Cultural Donaire
Asociación Cultural Donaire
Asociación Cultural Donaire
Actuación polas rúas da cidade para festexar o Día da Danza
O Concello da Coruña celebrará o Día da Danza 2017 con tres xornadas de actuacións na rúa, unha programación organizada en colaboración con tres entidades de música e baile tradicional locais, que se estenderá polas rúas da cidade desde o venres, 28 de abril, até o domingo 30.
Así, as asociacións culturais A. C. Donaire, A.C. Son d'aquí e A. C. Xacarandaina ofrecerán ao vivo unha escolma do seu traballo a través de tres pasacalles que percorrerán as rúas e prazas da Coruña, ata chegar á praza de María Pita.
Máis información: http://www.facebook.com/events/1443889609009059/
Ligazóns