Evento: Barriga verde
Barriga verde
Barriga verde
Espectáculo infantil de monicreques a cargo de Viravolta Títeres
Mesturando a tradición do títere galego coa europea, Viravolta Títeres recolle cinco situacións que resolve dun xeito que incomoda ao Demo ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos
Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego.
Preséntase como unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX.
Espectáculo que forma parte da programación de Cultura no Camiño que pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo



