Evento: Galician Tour
Galician Tour
Ivy Moon é unha banda de Santiago de Compostela que inicia o seu percorrido en 2014, debutando no Brincadeira Festival. A partires do seu nacemento, o grupo emprende un percorrido no que a constancia e o talento forman a base para conseguir grandes logros: En só dous anos, Ivy Moon suma xa 2 EP autoproducidos, concertos por toda Galicia e cidades como Madrid, Barcelona ou Granada. Foron finalistas de importantes concursos musicais como o EISV Music (Vigo) en 2015, o BDcoder organizado polo Dcode Festival (Madrid) e tamén o Queixo Maquetón do Festival do Queixo (Arzúa).
Este mesmo ano, Ivy Moon son finalistas e gañadores da final nacional do Imagine Festival: o Imagine Spain (Barcelona). Isto supón que son os actuais representantes de España para a final internacional do Imagine Festival o vindeiro mes de decembro en Croacia.
Máis eventos de tipo Concerto